Preto de 400 persoas aprenderon onte a alimentarse e entrenar mellor

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Delfina Vicente, Alejandro Gómez e cinco estrelas mosenses do deporte deron as claves para unha alimentación saudable e unha óptima educación deportiva

 

Onte pola tarde celebrouse a Charla sobre Educación e Nutrición Deportivas, incluída dentro do ‘Plan Integral Pro Hábitos Saudables’, no auditorio do Multiusos das Pozas (Petelos), á que asistiron Isidoro Táboas Moldes, concelleiro de Deportes de Mos, Kely Monzón Otero, concelleira de Educación e Participación Cidadá, Sara Cebreiro Alonso, edil de Cultura e Benestar Social, Rubén Blanco, porteiro do R.C. Celta de Vigo, Alejandro Gómez, adestrador da U.D. Mos e Subcampión e Record do Mundo de Maratón, Patricia Martínez, bailarina 10 veces Campiona de España de 10 Bailes e Standard, Delfina Vicente, Psicóloga Deportiva e Nutricionista, Salvador Sío, Campión e Subcampión Galego de Natación Master e monitor de natación na Piscina Municipal de Mos, Alicia Davila, Campiona Galega de Natación, e Susana Alonso, Campiona de España de BTT Maratón.

 

Esta iniciativa, que ía dirixida ós nenos e mozos mosenses e ós seus pais e familiares, así coma a todas aquelas persoas intresadas en coñecer cales son os hábitos saudables á hora de levar a cabo prácticas deportivas, foi todo un éxito de afluencia, logrando un cheo absoluto do Multiusos e rexistrando preto de 400 persoas entre o público.

 

A charla tivo como ponentes a Alejandro Gómez e a Delfina Vicente. Ambos deron unha completa visión do deporte nas idades máis temperás, a alimentación que deben levar os rapaces para poder levar a cabo unha práctica deportiva saudable, e como deben afrontar os pais as aficións deportivas dos seus fillos.

 

Vicente deu unha ampla e interesantísima visión sobre a educación e a nutrición, tanto deportivas coma en xeral, e aportou moitas claves ós pais presentes na sala para aprender a alimentar óptimamente ós nenos e nenas en idade escolar. Esta experimentada Piscóloga Deportiva e Nutricionista destacou a importancia de coñecer as necesidades persoais e dos fillos en materia de alimentación e puntualizou que a máxima que debe guiar sempre o xeito de alimentarse dun deportista debe ser “nunca fame, nunca sede”, xa que se non se está ben hidratado e nutrido é moi fácil lesionarse a nivel óseo e muscular, dixo.

 

Animou así mesmo ós pais a educar ós seus fillos na práctica deportiva baseada no xogo limpo e interesarse pola diversión dos rapaces e non polo resultado da competición primando o esforzo ó resultado no marcador. “Hai que procurar que todo o que fagan os nenos os faga ser felices”, salientou. As palabras clave que non deben de perder de vista os proxenitores á hora de educar deportivamente ós rapaces son: deporte limpo, motivación, valoración do esforzo, superación (inculcar o afán de mellorar e non de gañar) e aprender das derrotas.

 

Tanto Vicente como Rubén Blanco, porteiro do Celta e veciño de Mos natural da parroquia de Guizán, salientaron a necesidade de que, a maiores da práctica deportiva, os cativos deben seguir estudiando. “O estudio é moi importante porque se estás acostumbrado a estudiar aprendes mellor tanto a entrenar como a competir”, explicaron.

 

Delfina Vicente falou tamén sobre a importancia capital do almorzo na alimentación diaria, sobre todo na infantil, sobre o compoñente adictivo e non saciante das grasas, sobre a necesidade de evitar os extremos, a conveniencia de masticar e saborear moi ben os alimentos e de incluír na dieta diaria abundantes frutas e verduras frescas.

 

Vicente aportou ademais datos pouco halagüeños sobre a obesidade infantil en Galicia, xa que a comunidade autónoma galega é a que conta coa maior taxa de obesidade infantil de toda España e a terceira de Europa.

 

En conclusión, a Psicóloca Deportiva e Nutricionista resumiu as súas ensinanzas da tarde en que os hábitos tanto deportivos coma de vida deben ser, en xeral, bos, saudables e exemplares. “Os deportistas deben ser modelos de esforzo, xa que a vida dun deportista é moi sacrificada”, declarou. Por último recomendou a tódolos deportistas presentes no auditorio do Multiusos que se marquen obxectivos realistas e alcalzables para evitar o estrés.

 

Ademais e como xa se explicou, esta actividade contou con cinco convidados mosenses de honra: Rubén Blanco, Patricia Martínez, Susana Alonso, Alicia Davila, e Salvador Sío. Tras a exposición de Alejandro Gómez e Delfina Martínez abriuse unha rolda de preguntas a micrófono aberto para que tódolos asistentes que así o desexasen puidesen dirixirse persoalmente tanto a Alejandro e Delfina como ás cinco estrelas mosenses do deporte convidadas, para facerlles as cuestións que quixesen.