Preto de 800 persoas pasaron o sábado polo Pavillón Óscar Pereiro con motivo do Campionato de Judo Escolar

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Participaron 312 judokas e os asistentes como público case alcanzaron as 500 persoas

 

Durante a mañá do pasado sábado, día 2 de marzo, celebrouse no mosense Pavillón Óscar Pereiro a Fase Zonal do Campionato de Judo Escolar, organizada pola Secretaría Xeral para o Deporte, o Concello de Mos e a Federación Galega de Judo. O acto de entrega de medallas foi realizado por Daniel Benavides, delegado provincial de Deportes da Xunta de Galicia, Isidoro Táboas, concelleiro de Deportes mosense, Sara Cebreiro e Camilo Augusto, tamén edís do Concello de Mos; e Mario Muzas, presidente da Federación Galega de Judo.

 

A Fase Zonal que acolleu o pavillón mosense foi a da Zona Sur que abarca as provincias de Pontevedra e Ourense, cos seus correspondentes clubes, e os clubes de judo da área de Santiago. A iniciativa forma parte do programa Xogajudo 2013 que, á súa vez, está incluído no Plan Xogade (Xogos Galegos Deportivos en Idade Escolar).

 

As categorías que competiron en Mos foron Infantil e Alevín que aglutinaron a un total de 312 judokas, 83 na sección feminina e 229 na masculina. Ademais asistiron preto de 500 persoas como público, o que fixo que durante a xornada deportiva pasaran polo Pavillón Óscar Pereiro preto de 800 persoas.

 

O número total de clubes de judo participantes foi 46. De entre as 83 judokas da sección feminina, 23 foron da categoría Infantil e 60 da Alevín. E dos 229 judokas da sección masculina, 81 participaron na categoría Infantil e 148 na de Alevín.

 

Ó longo da mañá foron pasando polos oito tatamis preparados ó efecto pola organización, os máis de 300 judokas, masculinos e femininos, divididos en distintas ligas organizadas por categorías de idade e peso.

 

Para tódalas categorías estableceuse un mismo sistema de puntuación sendo as puntuacións, tres puntos por combate gañado e un punto por combate non gañado, anotadas polos xuíces nas cartillas preparadas ó efecto e que servirán a cada profesor no seu clube para o pase de grado e a clasificación para posteriores competicións.

 

Esta iniciativa, que pretende iniciar ós nenos e nenas galegos máis novos na competición e o deporte estimulando o seu esforzo deportivo e inculcándolles valores de respecto para cos seus compañeiros, adestradores e profesores, é unha actividade segura, fácil e sobre todo divertida para os cativos participantes.

 

Este campionato consiste nunha competición adaptada ós rapaces máis novos e baseada en estimular e recoñecer o esforzo dos practicantes na procura dun mellor desenrolo persoal e deportivo, promover os valores do espírito deportivo respectando ós profesores e compañeiros, procurar que os nenos e nenas practiquen deporte dunha maneira agradable e melloren físicamente aprendendo Judo, e intentar garantir a seguridade desta práctica deportiva. Con elo búscase educar por medio dun regulamento que dea prioridade ós valores do compañeirismo e a deportividade por riba do resultado deportivo. O éxito destas xornadas foi posible gracias á colaboración e á axuda desinteresada dos máis de 40 voluntarios e 20 xuíces árbitros.