Primeira Comisión de Seguemento da Evolución da COVID-19 en Mos do ano 2021

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Ás 12.00 horas desta mañá celebrouse a primeira Comisión de Seguemento da Evolución da COVID-19 en Mos do ano 2021 e a número 28 desde que comezara a crise sanitaria o pasado mes de marzo.
A reunión de hoxe realizouse por videoconferencia coa presencia da alcaldesa, Nidia Arévalo, concelleiros/as do equipo de goberno local e técnicos/as municipais integrantes da Comisión de Seguemento.
Abordáronse durante a mesma todos os temas relativos á evolución da crise sanitaria no municipio e especialmente tratouse sobre o cribado masivo de probas PCR a 3.000 veciños/as mosenses realizado polo Sergas desde hoxe mesmo co obxectivo de detectar positivos asintomáticos cun único fin preventivo.