Programa de lavado de todas as beirarrúas do Concello de Mos

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Iniciouse o pasado luns en Puxeiros

O luns 4 de marzo comezou o programa de lavado de beirarrúas do servizo municipal de limpeza do Concello de Mos que opera cunha máquina especializada de gran tamaño cun sistema de auga a presión, e unha manual de rodillo.
Os traballos iniciáronse o pasado luns en Puxeiros coa máquina grande, lugar a onde aínda regresarán para completar os labores comezados o día 4 de marzo, e actualmente a devandita máquina atópase operando en Sanguiñeda na zona das Angustias, e a manual de rodillo está na urbanización de San Eleuterio, parroquia de Tameiga.
O programa de limpeza de beirarrúas continuará ata completar o lavado de todos os tramos de acera existentes no municipio.