Programa Integrado de Emprego sen barreiras en Mos

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

  • O técnico de aplicacións web, Christian Giráldez, insértase laboralmente a través da IV edición do Programa Integrado de Emprego de Galicia Mos 3.0
  • O mosense, da parroquia de Sanguiñeda, é un mozo con gran iniciativa grazas ao que se instalou este ano o primeiro semáforo para invidentes en Mos

Christian Giráldez Seijo, veciño mosense da parroquia de Sanguiñeda gracias ao cal se intalou o primeiro semáforo para invidentes en Mos, é agora noticia polo seu éxito laboral a través do IV Programa Integrado de Emprego de Galicia Mos 3.0 da Axencia de Colocación do Concello de Mos.
Comezou como usuario do Programa Integrado de Emprego o 15 de novembro de 2018 e o pasado 1 de xullo comezou a traballar en Altia, empresa con presenza en toda España e delegación en Vigo que conta con importantes clientes, como técnico en Desenvolvemento de Aplicacións Web; no que Christian posúe un título de Ciclo Superior.
Para poder levar a cabo o seu traballo a ONCE cedeulle un aparato (Línea Braille) cun sistema que compatibiliza o hándicap da falla de visión coas tarefas de deseño web e que ten un custe duns 3.000 euros.
O contrato de Christian é inicialmente de 6 meses e, antes de conseguilo, foi un dos usuarios máis activos do Programa Integrado de Emprego, participando nun total de 5 accións formativas: charla sobre motivación e habilidades para a busca de emprego hoxe (29 de marzo, 3 horas), curso de habilidades de intelixencia emocional inter e intrapersoal (2 a 24 de abril, 20 horas), obradoiro de promoción do emprendemento (5 de abril, 3 horas), curso de técnicas de busca activa de emprego (10 a 16 de maio, 20 horas), e charla sobre boas prácticas na busca de emprego no ámbito socioeconómico (27 maio).
Christian Giráldez, é un mozo de 26 anos de idade que estudou un Ciclo Superior de Deseño Web, sobre o que a rexedora local, Nidia Arévalo, declarou cando o coñeceu (en febreiro deste ano, con motivo da instalación do semáforo que el solicitou na Avenida de Sanguiñeda) que “nos deu unha importante lección de vida, de auto superación e de sentido do humor. Foi todo un pracer coñecerlo, aprendín un montón de cousas novas e creo que é un exemplo de iniciativa para a mocidade mosense e para a veciñanza en xeral”.
Datos do IV Programa Integrado de Emprego
Ademais, pola súa banda, Julia Loureiro, concelleira de Promoción Económica, Desenvolvemento Empresarial e Emprego aportou datos sobre o IV Programa Integrado de Emprego de Galicia Mos 3.0, no que ademais de Christian, participan outras 99 persoas en situación de desemprego. O IV Programa Integrado de Emprego conta cunha subvención de 250.000 euros da Xunta de Galicia. O Programa integrado de Emprego encádrase dentro das políticas activas de emprego que se desenvolven dende o Concello de Mos e móstrase como un catalizador de tódalas “oportunidades” de emprego ás que as persoas en busca activa de emprego poden acceder, así como as empresas que buscan perfís determinados para ás mesmas.
A Consellería de Economía, Emprego e Industria, cofinancia este programa, orientado a explorar novas alternativas de inserción laboral dos demandantes con especiais dificultades de acceso ao emprego. Este Programa Integrado de Emprego permanecerá en activo ata o 31 de outubro do presente ano 2019.
Dos seus 100 usuarios participantes 6 son persoas desempregadas en risco de exclusión social (incluidas as perceptoras de Risga), 4 persoas con dicapacidade, 35 persoas desempregadas menores de 30 anos con baixa cualificación, 25 persoas desempregadas menores de 30 anos cualificadas, 25 persoas desempregadas maiores de 45 anos, e 5 persoas cobrando prestación ou subsidio de desemprego.
Este programa foi denominado: IV Programa Integrado de Emprego de Galicia Mos 3.0. para darlle continuidade á marca utilizada dende o ano 2015, e que hoxe en día coñécese entre as empresas e entidades colaboradoras. Trátase dun Programa Integrado de Emprego, homoxéneo, global e sistémico que vai a permitir establecer itinerarios individualizados e integrados de inserción, orientados á mellora da ocupabilidade dos participantes no programa, á mellora das competencias profesionáis, a través de formación adaptada ás necesidades detectadas en colaboración coas empresas colaboradoras do proxecto, ou ben a través de formación transversal e complementaria, que complete o perfil do usuario, derivándoo a un período de prácticas nas empresas, cuxa finalidade é a participación nos procesos selectivos que a empresa esté desenvolvendo e finalmente a inserción.
Trátase dun Programa moi ambicioso, que o que pretende é consolidar a actuación de intermediación laboral que dende a concellería de emprego a través da Axencia de Colocación se realiza, e enriquecela con ferramentas novedosas e innovadoras, que apostan totalmente polo contacto directo e continuo co tecido empresarial, perseguindo cubrir as necesidades de persoal, con perfiles profesionais que se axusten ás súas necesidades. Avalan ao Concello os anteriores Programas Integrados de Emprego de Galicia desenvolvidos, obtendo uns resultados de inserción aproximados a un 66% de media. Neste Plan, o Concello comprometeu acadar un 45% como mínimo de inserción.
O orzamento total do proxecto é de: 312.000 €. O equipo directivo está formado por 3 técnicos/as de orientación e prospección laboral e intermediación laboral.
Entre outros, o servizo fundamental que ofrece o Programa Integrado de Emprego é atención persoalizada e grupal ás persoas participantes. A metodoloxía de traballo esta baseada en técnicas de coaching, e serán as persoas desempregadas os propios protagonistas dos seus procesos de empregabilidade. O obxectivo é mellorar a súa empregabilidade dende unha óptica que os sitúa nunha posición activa, comprometida e solidaria ante os grandes retos que impón a situación actual.
O programa concibe á persoa desempregada como a portadora das competencias necesarias para facer frente á situación, e por elo, aplica un programa de traballo deseñado para potenciar a adquisición, desenvolvemento e/ou descubrimento de ditas competencias. Para logralo, é fundamental o traballo sistemático e organizado dun equipo de desempregados/as de distintas idades e cualificacións, que funcione seguindo un modelo de empresa, baixo a responsabilidade dun profesional competente e especializado neste modelo de intervención.
Ademais de atención persoalizada, os/as beneficiarios/as do Programa Integrado de Emprego recibirán formación e intermediación laboral coas empresas, así como formación específica establecida coas empresas colaboradoras, co obxectivo de acadar compromisos de inserción.