Prórroga da tempada dos FURANCHOS ata o 31 de xullo

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

“O Concello de Mos informa”:

Autorízase, tendo en conta que o estado de alarma actual ten unhas consecuencias no sector que poden minorarse ou paliarse cunha extensión no tempo da súa actividade máis aló dos períodos inicialmente autorizados e sendo prioritario limitar en todo o posible os efectos da crise provocada pola pandemia do coronavirus, unha prórroga da tempada dos FURANCHOS ata o 31 de xullo.

Deberase de cumprir na apertura coas fases do plan de desescalada estatal así como cos protocolos sanitarios.

Poderase solicitar esta prórroga a partir do vindeiro luns 11 de maio.

SOMOSMOS e Xuntos SaireMOS.