PROTECCIÓN CIVIL DE MOS ADQUIRE UN NOVO VEHÍCULO PARA REFORZAR O SERVIZO

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Mos ven de adquirir un novo vehículo para reforzar o seu servizo durante a presente crise do COVID-19. Desde que se declaroou o estado de alarma polo coronavirus, o Servizo Municipal de Emerxencias conxuntamente coa Agrupación de Voluntarios de Protección Civil están a desenvolver un labor incesante e incansable as 24 horas do día.

Realizan traballos desde información cidadá mediante colocación de Bandos, megafonía, e infomación a pé de estrada, ata axuda a domicilio a persoas dependentes, coordinados co departamento de Servicios Sociais do Concello de Mos e a persoas con dificultade na compra en supermercados; ou recollida de animais mortos na vía publica e en domicilios privados. E de animais extraviados.

Desde o pasado 14 de marzo Emerxencias e Protección Civil de Mos tamén realizaron diversas outras actuacións como aporte de material de seguridade (EPIS) a outros servizos, asistencia a 4 accidentes de tráfico (A-55 e N-550), asistencia a 2 incendios (vivenda e vehículo substraído) e recollida e limpeza de prantas entre as rotondas das Angustias e A Costilleta, por actos de vandalismo.