Radio Mos, emisora radiofónica municipal, dá os seus primeiros pasos

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

A cadea será sobre todo unha plataforma para a proxección das asociacións mosenses

 

Tras a a entrega de diplomas ós alumnos e alumnas das Accións Formativas para Desempregados (AFD) da Xunta de Galicia que se celebrou fai poucos días no CDL (Centro de Desenvolvemento Local) de Mos, as autoridades presentes en dito acto, María José Bravo Bosch, delegada territorial da Xunta de Galicia, Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, e Óscar Soto, tenente alcalde mosense e concelleiro de Formación e Emprego realizaron, no mesmo edificio do CDL, unha visita ás instalacións da recentemente creada emisora de radio municipal, Radio Mos, onde participaron nunha breve tertulia sobre a realidade da localidade mosense e as súas políticas de emprego.

 

O proxecto da radio municipal de Mos, Radio Mos, acaba de botar a andar e trátase dunha radio musical que contará, entre a súa programación, cun programa de información local que dará comezo diariamente ás 15.00 horas e que se pretende sexa unha plataforma de difusión e promoción para todas as asociacións da localidade mosense que así o desexen; unha ferramenta informativa ó servizo dos cidadáns. Rexedora local e tenente alcalde traballaron duro para poñer a Radio Municipal en funcionamento; traballo que agora empeza a dar os seus froitos que xa empezan a ser tanxibles a través das ondas.

 

O Concello de Mos dispón no CDL dun centro emisor e dos equipos técnicos precisos para o funcionamento dunha emisora municipal, equipamento que ata o de agora estaba inutilizado, de ahí a importancia de poder explotar, en beneficio dos veciños e veciñas mosenses, ditos recursos xa existentes e que ademais contribuirán á ampliación do marco da pluralidade informativa en Mos e na súa área de influencia.

 

A radio municipal Radio Mos non lles suporá ningún custe ó Concello nin ós habitantes de Mos. A partir de agora comezará a sacárselle partido ás instalacións existentes e infrautilizadas e velarase sempre porque a radio municipal de Mos sexa unha radio plural.

 

Ó Pleno ordinario da Corporación Municipal mosense deste mes de maio que se celebrará o vindeiro xoves, día 29, levarase a aprobación a Ordenanza de Taxas Publicitarias da Radio Municipal, de xeito que Radio Mos se abasteza económicamente mediante o sistema da autofinanciación e, como se dixo, non supoña custe algún nin para o Concello de Mos nin para os seus veciños. Estas taxas foron calculadas e establecidas por técnicos municipais e son acordes ás de outras radios municipais.