Recadación e Xestión económica
Intervención
Intervención é o departamento encargado do control e da fiscalización interna, da xestión económico-financeira e orzamentaria, e da contabilidade. As súas funcións son:
- Fiscalización de todo acto, documento ou expediente de contido económico (ou con repercusión financeira ou patrimonial).
- Intervención dos ingresos tributarios e da ordenación dos pagos e da súa realización material
- Comprobación formal da aplicación de cantidades destinadas a obras, subministros, adquisicións e servizos, así como recepción, exame e censura dos seus xustificantes
- Informe dos proxectos de orzamento e dos expedientes de modificación de créditos
- Coordinación das funcións ou das actividades contables da entidade local
- Informe dos proxectos de orzamentos, redacción da Conta Xeral do Presuposto e da Administración do Patrimonio
- Exame e informe das contas da Tesourería
Tesourería
É o departamento do concello encargado do manexo e da custodia dos fondos da entidade local así como da xefatura dos servizos de recadación. as súas funcións son:
- Realización de todolos cobros e pagos do concello
- Organización e custodia de tales fondos
- Execución das ordes de pago
- Formación dos plans e dos programas de Tesourería
Acceso ao Formulario de Reclamacións Tributarias
Descargas asociadas a Impresos e solicitudes tributarias
Seleccione categoría a buscar...

Calendarios fiscais
Calendario fiscal 2020
Fecha | 24/11/2020 |
Calendario Fiscal 2016
Fecha | 20/10/2015 |
Publicacións
Fecha | 27/09/2012 |

Departamento de Intervención e Tesourería
Plan personalizado de pagamento I.V.T.M. ano 2015
Fecha | 09/01/2015 |
Modelo solicitude para o plan personalizado de pagamento IVTM
Fecha | 25/11/2014 |
Condicións do plan personalizado de pagamento I.V.T.M. ano 2015
Fecha | 25/11/2014 |