Rehabilitación da antiga Casa Reitoral de Petelos

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Obras

O Obradoiro Municipal de Emprego 2014 do Concello de Mos deu comezo o pasado mes de setembro e dende entón realizáronse a través do mesmo traballos de desbroce, poda, limpeza, selección de pedras, preparación de zona a pavimentar, demolición de muro de cachotería, caixeado manual, limpeza de fábrica de cachotería, picado de cal e cemento en paramentos, preparación de paramentos e cachotería careada de granito na antiga Casa Reitoral de Petelos; así coma diversos labores de xardinería nos lugares de Campo da Feira (Puxeiros-Tameiga), inmediacións do Multiusos das Pozas en Petelos, San Rafael en Pereiras, San Eleuterio-Tameiga e Cemiterio Municipal de Torroso.

 

No Campo da Feira levouse a cabo unha poda, sega e limpeza de sumidoiros, camiños e xogos infantís, e plantación de árbores de sombra. En As Pozas (Petelos) realizouse a poda, sega, mantemento e limpeza de macizos e camiños. En San Rafael acometeuse a poda e sega de árbores, poda e mantemento de macizos, obras de mantemento e reparación de camiños, muretes e instalación de rego; redistribución do espazo con eliminación de macizos e transplantes, ampliación e adecuación do parque infantil, e limpeza e reparación de xogos. En San Eleuterio fíxose desbroce e limpeza, replantexo de camiños e plantacións, construción de camiños, preparación de solo e plantación e colocación de drenaxe das augas pluviais. E por último, no Cemiterio de Torroso, realizouse o mantemento de elementos vexetais, reparación de pavimentos, transplantes e plantacións.

 

Os traballos que continuarán a facer os alumnos do Obradoiro durante os vindeiros meses son, en materia de xardinería, poda, desbroce, limpeza e mantemento de xogos infantís en As Pozas, tratamento da madeira de xogos infantís e mobiliario urbano no Campo da Feira e San Rafael; e plantación de plantas de temporada e vivaces e implantación de céspede en San Rafael, As Pozas e antiga Casa Reitoral de Petelos. En materia de cantería continuarán cos traballos xa iniciados na antiga Casa Reitoral de Petelos.