Reis Magos e paxes reais visitan os colexios de Mos

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Mañán rematará a ronda de visitas durante as que os cativos poden charlar, fotografarse con eles e entregarlles as súas cartas

 

Como cada ano a concellería de Educación mosense organiza a visita dos paxes reais e as Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente ós colexios do municipio contando coa colaboración das ANPAS, Asociacións de Nais e Pais de Alumnos, dos diferentes centros educativos nos que se realiza a visita.

 

Os tan ilustres visitantes, ó seu paso polos colexios de Mos, recollen as cartas dos cativos, charlan e fotográfanse con eles. Precisamente onte comenzou o percorrido de visitas polos colexios mosenses no CEIP de Atín, e mañán continuará, tal e como informou a concelleira delegada de Educación e Participación Cidadá, Kely Monzón, nos colexios de Petelos, Mestre Valverde Maio en Sanguiñeda e Mestre Martínez Alonso en Castro-Mos.

 

Desta visita disfrutan tódolos alumnos e alumnas de tódolos cursos dos centros participantes, tanto de Educación Infantil coma de Educación Primaria. Neste sentido Monzón declaraba que “é importante manter iniciativas coma esta para preservar tradicións tan nosas coma é a festividade do Día de Reis, pero sobre todo para que permaneza viva a ilusión infantil tanto polos Reis Magos coma polas datas navideñas en xeral, xa que o Nadal é unha época de confraternidade na que os nenos e nenas soen familiarizarse máis directamente con valores coma a solidariedade, a tolerancia, o respecto, a fraternidade, a xenerosidade, etc., tan importantes para unha óptima convivencia na sociedade en que vivimos”, dixo a edil.