Rematado o pavillón de Castro-Mos

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Tras os detalles finais que se están a acometer estes días, as novas instalacións deportivas abrirán as súas portas a vindeira semana

Onte comenzaron o curso escolar 2012-2013 os alumnos e alumnas de Educación Infantil e Primaria do colexio de Castro-Mos, Mestre Martínez Alonso; que a partir da vindeira semana poderán xa facer uso do novo pavillón ubicado xunto ó centro escolar, cuias obras están xa finalizadas quedando únicamente os últimos labores de limpeza e rematado de detalles.

Para supervisar que todos os traballos estiveran óptimamente acometidos, esta mañá desplazáronse ata o pavillón de Castro-Mos a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, a concelleira de Educación, Kely Monzón, e o edil de Deportes, Isidoro Táboas.

Tras os problemas de bloqueo dos traballos, previos ó acordo cos particulares colindantes, a obra de construcción das instalacións deportivas reanudouse o pasado mes de marzo; data dende a que se traballou incesantemente no pavillón para poder poder abrir as súas portas este mes, con motivo do comenzo do curso.

Tanto a rexedora local coma os concelleiros manifestáronse satisfeitos de poder ter acadado o obxectivo, e declararon que dende o equipo de goberno están desexosos de que as portas das novas instalacións se abran xa oficialmente a próxima semana. Asimesmo manifestaron o seu interese en que este novo pavillón de Castro-Mos se convirta pronto nun referente no municipio.

A construcción deste pavillón polideportivo supuxo unha inversión de máis de 800.000 euros que foron financiados entre a Deputación Provincial de Pontevedra e a administración local. Concretamente o 75% do custe total do pavillón financiouno a Deputación, que fixo un desembolso de máis de 600.000 euros. Concretamente, a inversión total necesaria para o pavillón de Castro-Mos foi de 800.632 euros, dos cales a Deputación financiou a cifra exacta de 600.474 euros.

Características do novo pavillón

O pavillón sitúase nos terreos desafectados nos que se ubicaban as antigas vivendas de mestres do colexio Castro-Mos. Conta cunha pista deportiva cuberta homologada e dispón de vestiarios e aseos nunha superficie últil de 1.193 metros. No lateral da pista deportiva cuberta atópase unha grada con asentos para 110 persoas e, exteriormente, unidos por un corredor, os vestiarios e aseos adaptados.

Tanto o acceso coma as zonas comúns son accesibles para persoas con mobilidade reducida. Asimesmo, o conxunto está deseñado para impedir a presenza de auga e humidades e para que dispoña dunha boa ventilación. Do mesmo xeito, tódolos elementos constructivos contan con illamento acústico. A edificación dispón tamén da iluminación axeitada ás necesidades dos usuarios e dun solo específico que evita as condensacións de vapor de auga procedentes do terreo.