Rematado o saneamento da vía de servizo da Autovía

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Prevese empezar coas acometidas domiciliarias o mes que ven. 300 veciños benefícianse desta obra.

O concelleiro mosense de Saneamento e Abastecemento, Camilo Augusto, anunciou hoxe que xa está rematada a acometida da rede de saneamento na vía de servicio da Autovía A-55 dende a entrada a San Eleuterio, parroquia de Tameiga, ata Talleres Note, pasando por diante do Concello de Mos.

Gracias a esta instalación que engancha co Colector Xeral da Confederación Hidrográfica, en Guillarei, un importante número de vivendas dispoñen de servizo de alcantarillado. En total son uns 300 veciños os que dende agora reciben servizo de saneamento a través desta instalación que tamén consta dun pozo de bombeo.

Agora, ó estar rematados e en funcionamento tanto a obra de instalación da rede de saneamento coma o pozo de bombeo, e unha vez se obteña o permiso de verquido que dende o Concello se espera que sexa de cara ó vindeiro mes de decembro, empezaranse a realizar as acometidas domiciliarias.

Esta obra de alcantarillado acometeuse en tres tramos, o primeiro en realizarse foi o tramo que vai dende o paso soterrado que vai por debaixo da Autovía ata o colector xeral, logo fíxose o tramo que vai dende dito paso soterrado cara abaixo ata Talleres Note, e por último executouse o tramo que vai do paso soterrado cara arriba, ata a entrada a San Eleuterio.

Este proxecto de saneamento foi íntegramente finaciado por Augas de Galicia e contou cun orzamento de 429.000 euros.

Tras a finalización desta obra, o edil de Saneamento, Camilo Augusto, manifestouse “moi satisfeito de que por fin estea totalmente acometido este alcantarillado que quedaba por instalar na vía de servicio da Autovía”.