REMATAN AS OBRAS DA HUMANIZACION DO ACCESO A SAN ELEUTERIO

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade, Obras

A obra de humanización do acceso de San Eleuterio que comezou a mediados do pasado mes de decembro, remata estos días con asfaltado do vial que da servizo a esta urbanización e o Campo de Fútbol de Cototorrón

Con esta actuación créase na contorna da urbanización de San Eleuterio un novo itinerario peonil que dá continuidade ao existente na Estrada Tameiga-Pereiras, ao Oeste, e chega á Ermida de San Eleuterio, onde se continúa polo Camiño da Levantada, ata a vía de servizo da Autovía A-55, ao Norte.

Esta nova beirarrúa, de polo menos 1.80 metros de ancho, axústase ás aliñacións viarias definidas no PXOM-2017 e garante a seguridade do tránsito peonil entre as vivendas e os equipamentos (Campo de Fútbol, Ermida de San Eleuterio ou Escola Infantil A Galiña Azul de Cototorrón).

O ancho da calzada aummentouse  naquelas zonas onde hai estreitamentos perigosos, sempre axustándose ás aliñacións do plan.

A actuación complemmentouse  cos muros e movementos de terra necesarios para ampliar a sección viaria, e tamén con obras complementarias, como o deseño de nova iluminación eficiente, a adaptación da drenaxe ou a mellora da sinalización.

Dentro da obra de humanización do acceso a San Eleuterio, parroquia de Tameiga, ven de realizarse a retirada dunha construcción que obstaculizaba enormemente a visibilidade no cruce coa vía de servizo da autovía. O Concello de Mos chegou a un acordo co propietario e puido retirarse este obstáculo cuxa eliminación viña sendo solicitada históricamente pola veciñanza dende fai dúas décadas.

 

A inversión que rerquiriu esta obra de mellora dos accesos a San Eleuterio foi de 254.449,77 euros e conta con subvención provincial do Plan Concellos 2018.