Reparto controlado de mascarillas entre a poboación en tránsito cara ao seu posto de traballo

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Garda Civil, Policía Local e Protección Civil de Mos realizaron hoxe e onte un reparto controlado de mascarillas entre a poboación en tránsito cara ao seu posto de traballo. Este material repartiuse desde as 06.30 horas da mañá e distribuiuse ao igual que se está a facer en moitos outros puntos do territorio nacional. No municipio mosense fíxose nas entradas a centros onde se poden aglomerar un gran número de traballadores como a rotonda Puxeiros e a rotonda da saída da estrada N-550 que dá acceso ao Polígono Industrial de Veigadaña.