Reparto de portátiles para evitar a fenda dixital entre o alumnado do IES

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Voluntarios de Protección Civil de Mos levaron hoxe a domicilio varios ordenadores portátiles a alumnos/as do IES de Mos, doados pola consellería de Educación da Xunta de Galicia, para que os/as receptores/as dos mesmos poidan seguir a formación on line impartida polo Instituto mosense.