Retribucións

Retribucións en réxime de dedicación exclusiva

As retribucións dos membros da Corporación regúlanse no artigo 75 da Lei Reguladora das Bases do Réxime Local, 7/1985, de 2 de abril, co contido seguinte:

Artículo 75

“Los miembros de las Corporaciones locales percibirán retribuciones por el ejercicio de sus cargos cuando los desempeñen con dedicación exclusiva, en cuyo caso serán dados de alta en el Régimen general de la Seguridad Social, asumiendo las Corporaciones el pago de las cuotas empresariales que corresponda, salvo lo dispuesto en el artículo anterior.

En el supuesto de tales retribuciones, su percepción será incompatible con la de otras retribuciones con cargo a los presupuestos de las Administraciones públicas y de los entes, organismos o empresas de ellas dependientes, así como para el desarrollo de otras actividades, todo ello en los términos de la Ley 53/1984, de 26 de diciembre, de Incompatibilidades del Personal al Servicio de las Administraciones Públicas.”

O Pleno do Concello, na sesión extraordinaria de 22.06.2015, en relación coa determinación de cargos en réxime de dedicación exclusiva, do seu réxime de dedicación efectiva e das súas retribucións, adoptou o seguinte acordo:

A determinación dos seguintes cargos en réxime de dedicación exclusiva:

  • Alcaldía
  • Área de urbanismo, medio ambiente e emerxencias
  • Área de participación cidadá, educación e mobilidade
  • Área de política social, cultura, turismo, persoal e réxime interno
  • Área de vías e obras, alumeado e eficiencia enerxética

As cantidades percibidas conforme a este acordo son:

Alcaldesa: percibirá unha retribución neta mensual de 2.488,44 euros.

Concelleira de Urbanismo, Medio Ambiente e Emerxencias, percibirá unha retribución neta mensual de 1.643,71 euros.

Concelleira de Participación Cidadá, Educación e Mobilidade, percibirá unha retribución neta mensual de 1.651,30 euros

Concelleira de Política Social, Cultura, Turismo, Persoal e Réxime Interno, percibirá unha retribución neta mensual de 1.442,70 euros

Concelleiro de Vías e Obras, Alumeado e Eficiencia enerxética, percibirá unha retribución neta mensual de 1.609,11 euros.

Establécese un réxime de dedicación horaria coincidente, en canto ao número total de horas e cando menos, co horario de oficina municipal, se ben distribuíndose de acordo coas necesidades do servizo e peculiaridades do cargo.

Os membros da Corporación que exerzan os seus cargos en réxime de dedicación exclusiva e parcial serán dados de alta no réxime xeral da Seguridade Social.

A percepción de retribucións polo exercicio de cargos municipais en réxime de dedicación exclusiva será incompatible con outras retribucións a cargo dos presupostos doutras administracións públicas, organismos ou entes públicos dependentes deles, así como incompatibles co exercicio doutras actividades nos termos precisados pola Lei 53/1984 e normativa aplicable.


Retribucións por asistencia a órganos colexiados

Indemnización por asistencia a sesións dos órganos municipais colexiados

Os membros da Corporación, que non desempeñen o seu cargo en réxime de dedicación exclusiva ou parcial, percibirán as seguintes indemnizacións por asistencia efectiva ás sesións dos órganos colexiados do Concello:

  • Por cada asistencia a sesións, ordinarias ou extraordinarias, celebradas polo Pleno da Corporación a cantidade de 190 €.
  • Por cada asistencia polos seus membros a sesións, ordinarias ou extraordinarias, celebradas pola Xunta de Goberno Local a cantidade de 115 €.
  • Por cada asistencia a sesións de Comisións Informativas, permanentes ou especiais, ao Presidente a cantidade de 115 € e ós vogais a cantidade de 55 €.
  • Naquelas reunión de traballo que se sinalen expresamente pola Alcadía na que formen parte tódolos grupos políticos do Concello, serán indemnizados na mesma contía que a asistencia a Comisións Informativas.

Indemnizacións por gastos de desprazamento

Os membros da Corporación percibirán, no seu caso, as dietas correspontes ó Gurpo 1º do Anexo II, do R.D. 462/2002, de 4 de maio, e posteriores actualizacións e modificacións.

A Alcaldía poderá autorizar desprazamentos dos membros da Corporación con carácter de gasto a xustificar.


Asignacións de dotacións aos grupos políticos

Ao amparo do establecido no art. 73-3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, segundo redacción dada ao mesmo pola Lei 11/1999, de 21 de abril, asígnase aos grupos políticos que integran actualmente a Corporación Municipal de Mos as cantidades seguintes:

  1. Cantidade fixa por grupo: Asígnase a cantidade de 230 euros ao mes por cada grupo.
  1. Cantidade variable: Asígnase a cantidade de 37 euros ao mes por cada membro dos distintos grupos políticos.

O pago destas dotacións realizarase mensualmente mediante transferencia á conta que cada un dos grupos indique.

No caso de existir membros non adscritos, estarase ao disposto polo Regulamento Orgánico Municipal, e no acordó plenario adoptado en cada caso.

Anuncio aprobación definitiva orzamento en BOP 2016