Reunión da alcaldesa de Mos co presidente de COGAMI no Concello

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Anxo Queiruga Vila, presidente de COGAMI (Confederación Galega de Personas con Discapacidade), e o coordinador do Centro de Recursos de Mos -sito no Rebullón-, Celso Álvarez, reuníronse esta mañá no Concello de Mos coa alcaldesa, Nidia Arévalo, e coa concelleira de Política Social, Sara Cebreiro, para comunicarlles ás representantes municipais que no centro de Mos xa se atopa o 75% do persoal totalmente incorporado, tanto traballadores/as como usuarios/as, e para solicitar perante a administración local mosense a Bonificación Social para a obra que COGAMI está a acometer na nave de COREGAL no Parque Empresarial PEMOS-Veigadaña.
SOMOS INCLUSIÓN e INTEGRACIÓN.
SOMOSMOS.