Reunión da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, co Secretario Municipal e coa Técnico de Persoal

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, reuniuse esta mañá por videoconferencia co Secretario Municipal e coa Técnico de Persoal para organizar as instalacións e o persoal municipal para que o día 11 de maio poida comezar a reanudarse a atención ao público.

Para elo son necesarios os vindeiros 15 días de preparación: de formación e información ao persoal municipal que vai a ser chamado traballador/a por traballador/a pola Técnico de Persoal que lles explicará todo o que teñen que facer para que cada un saiba as condicións coas que vai a atoparse no seu posto no momento da reincorporación.

Os preparativos comezarán en primeiro lugar coa desinfección das instalacións municipais e os vindeiros luns e martes persoal do Servizo Municipal de Emerxencias encargarase da ionización das mesmas con cañóns de ozono.

O próximo martes tamén 11 membros do persoal de limpeza van recibir unha formación de como terán que actuar para a realización do seu traballo a partir de agora.

Por outra banda os Equipos de Protección Individual repartiranse de dúas maneiras:

– Por un lado o persoal de limpeza e obras,
– Por outro lado o persoal de oficinas.

Cada un ten un protocolo a seguir que está perfectamente organizado polo departamento de Persoal.

Tamén se establecerá unha xornada flexibe e a turnos a partir do 11 de maio.

Os traballadores acudirán ao seu posto en diferentes horarios e con flexibilidade.

As instalacións requiren tamén de cambios como:
– a instalación de grifos con sensor nos baños
– colocación de dispensadores de hidrogel alcohólico desinfectante para mans
– mamparas protectoras nos mostradores, mesas e ventanillas de atención ao público
– alfombras desinfectantes para as entradas de todas as instalacións municipais

Nesta reunión fíxose un desglose pormenorizado de todas as necesidades a realizar a partir de agora en todas as instalacións municipais e como se vai a desenvolver cada departamento:
– Concello (Intervención, Secretaría, Persoal, Rexistro, Alcaldía)
– Biblioteca
– Edificio de Urbanismo e Servizos Sociais
– Instalacións Deportivas
– Axencia de Colocación
– Policía Local
– Dependencias do Servizo Municipal de Emerxencias
– Multiusos das Pozas (Educación, Participación Cidadá e Cultura)
– Persoal de Servizos e Vías e Obras
– Persoal de limpeza
– Etc.

A próxima semana celebrarase unha reunión cos sindicatos. Convocarase a Mesa Sindical presidida pola alcaldesa.

Por último, organizarase un servizo de atención ao público con cita, é dicir, que as persoas que precisen dirixirse ao Concello para calquera xestión en calquera departamento municipal terán que facelo tras concertar previamente, e vía telefónica, unha cita.