Reunión na Xunta de Galicia, na Secretaría Xeral de Industria, sobre as empresas afectadas polo lume do Rebullón

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Esta mañá celebrouse na Xunta de Galicia en Santiago de Compostela unha reunión da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o técnico de administración xeral, Víctor Rodríguez, e a arquitecto técnico, Purificación Barciela, municipais, e o xerente de Aemos, Francisco Domínguez, coa Secretaria Xeral de Industria, Paula Uría Traba, para abordar a situación das empresas afectadas polo incendio no Polígono do Rebullón.