Reunión no Multiusos co sector da hostelaría mosense

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Ás 18.00 horas comezou no Multiusos das Pozas unha reunión entre representantes do sector da hostelaría mosense, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Promoción Económica, Desenvolvemento Empresarial e Emprego, Julia Loureiro, e a axencia de publicidade Publigal, para avanzar nos contidos da campaña municipal de difusión e promoción dos locais hostaleiros da localidade, QUEDA EN MOS, que ten poi obxectivo axudalos a remontar a crise que sofre o sector por mor das restricións derivadas da COVID-19; e deste último varapalo, co peche motivado polo nivel máximo de incidencia acadado en Mos fai uns días e que, afortunadamente, xa quedou atrás.
SOMOSMOS COA HOSTALERÍA.