Reunión por videoconferencia dos concellos integrantes do Xeodestino Turístico Ría de Vigo e Baixo Miño

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, reuniuse esta mañá por videoconferencia xunto con outros 13 alcaldes e alcaldesas dos 14 municipios integrantes do Xeodestino Turístico Ría de Vigo e Baixo Miño (A Guarda, Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, O Porriño, O Rosal, Oia, Pazos de Borbén, Redondela, Soutomaior, Tomiño e Tui).

Na xuntanza on line abordouse a nova situación do Xeodestino derivada da actual crise sanitaria do COVID-19 e a necesidade de replanificar o proxecto segundo as circunstancias actuais. Hoxe comezouse a redeseñar esta nova andaina que comeza a partir de agora.