Reunión sobre a humanización da Estrada Louriñó-Sobráns e o proxecto de carril bici na Estrada Alto de Barreiro-Santiaguiño

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade, Obras

A alcaldesa, Nidia Arévalo, e o tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto, mantiveron ás 13.30 horas no Concello unha reunión con técnicos sobre a obra de humanización da Estrada Louriñó-Sobráns, así como abordaron o proxecto dun novo carril bici tamén na parroquia de Guizán, concretamente irá desde Torroso ata Guizán pola Estrada Alto de Barreiro-Santiaguiño.
SOMOS O MOS DAS PERSOAS, SOMOSMOS HUMANIZADO, SOMOSMOS!