Reunión sobre o orzamento municipal e sobre os gastos derivados da xestión da crise do COVID-19 a nivel local

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Esta mañá ás 10h a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, reuniuse co Secretario, Interventora, Tesoureira e Xefa das Traballadoras Sociais Municipais para tratar sobre o orzamento municipal e dos gastos derivados da xestión da crise do COVID-19 a nivel local, ademais de abordar o tema das subvencións, entre outras cuestións económicas da administración local mosense.