Reunión sobre o proxecto de implantación dunha FP Básica no municipio

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Esta mañá a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Educación, Julia Loureiro, reuníronse no Concello co director do Instituto de Mos, representantes da ANPA do IES e de AEMOS (Asociación de Empresarios de Mos), para traballar e avanzar na posibilidade do proxecto de próxima implantación de FP Básica no municipio.
Para elo recorreuse, na reunión celebrada hoxe no salón de sesións, ao asesoramento de AEMOS, en aras de que a Asociación poida orientar e aportar información, á administración local e ao centro educativo, sobre cales son os perfís laborais máis demandados polas empresas do municipio; e así dirixir cara aí as especialidades da Formación Profesional Básica a implantar en Mos.
SOMOS FORMACIÓN PARA O EMPREGO, SOMOS EDUCACIÓN, SOMOSMOS!