Reunión telemática co colectivo das asociacións culturais mosenses que teñen local social

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Ás 18.00 horas desta tarde vense de celebrar a reunión telemática co colectivo das asociacións culturais mosenses que teñen local social.

Nela as agrupacións manifestáronlle ao Concello a súa total vontade de colaboración para manter a seguridade sanitaria ante o COVID-19 no municipio.

Para elo decidiron, aínda que a lei llo permita, non abrir os seus locais ata setembro e mantelos pechados ao público de momento.

Os que teñen cafetería no local sí a abrirán, só a terraza de momento, e mantendo o protocolo que marca a normativa actual vixente. Para asesorarlles sobre elo o Concello pon á súa disposición 2 técnicos municipais que os asesorarán e supervisarán que cumpran todas as directrices.

Na xuntanza abordáronse tamén as 3 peculiaridades deste colectivo que son a Escola de Música de Torroso por contar con 500 alumnos/as, a A.VV. Celado de Cela polo mercadillo de San Cosme e o Pazo de Mos por ser lugar de paso do Camiño de Santiago.

Con cada unha destas 3 entidades celebrarase outra reunión específica individual.

Para rematar cada asociación plantexou as súas dúbidas e preguntas maioritariamente relativas ás actividades de teatro, ás xuntanzas de verán e aos cursos do Programa Municipal Tempo de Lecer (que desde o Concello se lles informou de que quedan suspendidos como mínimo ata o mes de setembro e para entón volverase a informar ao respecto).