REUNIÓN TELEMÁTICA COAS ANPAS DOS CENTROS EDUCATIVOS, COLEXIOS E IES, DE MOS

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Onte pola tarde, ás 17.00 horas, celebrouse unha videoconferecia coas directivas das ANPAS dos 5 colexios públicos de Mos:

– CEIP Atín-Cela
– CEIP Mestre Martínez Alonso (Castro-Mos)
– CEIP Mestre Valverde Mayo (Sanguiñeda)
– CEIP Pena de Francia
– CEIP Petelos

E coa do IES de Mos.

Na xuntanza telemática participaron a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Educación, Julia Loureiro, e o edil mosense de Novas Tecnoloxías, Leo Costas. Debido a un problema técnico non contamos con imaxes das capturas de pantalla da reunión.

Durante a mesma abordáronse unha serie de aspectos relativos ao vindeiro curso escolar 2020-2021, cuxo inicio está previsto para o día 10 de setembro.

Os representantes municipais informaron de que durante todo o verán realizaranse as obras de mantemento necesarias en cada un destes 6 centros educativos e de que desde o Concello de Mos atópanse pendentes tanto das directrices da Xunta de Galicia como do Ministerio de Educación, relativas aos novos protocolos sanitarios e de seguridade de cara ao inicio do curso.

Alcaldesa e concelleiros explicaron tamén que en breve, en canto se incorporen as brigadas da Xunta e da Deputación, o persoal de limpeza propio dos centros educativos que actualmente estaba incorporado a labores de limpeza viaria, regresará aos seus postos habituais e incluso será reforzado con máis traballadores/as para realizar tarefas de limpeza e desinfección exhaustivas nos centros de cara ao inicio do novo curso. Tarefas que se multiplicarán se cabe, para maior seguridade, en canto comecen as clases.