Reunión telémática cos CLUBES DEPORTIVOS

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Esta tarde celebráronse as dúas primeiras reunións telémáticas cos colectivos do Concello de Mos, a primeira delas cos CLUBES DEPORTIVOS.

Realizouse por videoconferencia e tivo como obxectivo escoitar e coñecer as preocupacións, demandas e inquedanzas dos clubes deportivos mosenses ante esta nova situación derivada da crise sanitaria do COVID-19.

Trátase dunha Mesa de Traballo na que se abordaron previsións a curto prazo, de interese para os colectivos deportivos ou nas que estean implicados, informóuselles de medidas, normas e procedementos xa concretados e buscouse a toma de decisións consensuadas no que respecta a temas que afecten a cada un.

Todos os clubes participantes nesta xuntanza manifestaron a súa absoluta colaboración e comprensión ante as decisións tomadas desde a administración local ante esta crise do COVID-19 e a súa actitude de priorizar sempre a saúde e a seguridade das persoas ante calquera tipo de práctica deportiva. Algo que a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, lles agradeceu enormemente.