Ruta Xacobea

O Camiño de Santiago na súa vertente portuguesa atravesa o Concello de Mos.

Antigamente, os peregrinos procedentes de Portugal accedían á cidade de Tui cruzando o río Miño en barca. No ano 1884, a construción da Ponte Internacional determinou un paso peonil. Tomamos, pois, coma punto de entrada do camiño dende Portugal, a vella Ponte Internacional. Dende aquí, o trazado diríxese, xa en procura do camiño primitivo, cara ao porto tudense de Lavacuncas, onde se producía antano o desembarco de peregrinos, situado ás costas do actual Parador de Turismo (indicamos este lugar como quilómetro cero do camiño). Dende o vello porto, o trazado diríxese cara ao casco antigo de Tui seguindo o denominado Camiño da Barca, para seguir polas rúas Obispo Maceira, Costa do Piñeiral e Tras a Obra.
Xa na magnífica Praza da Catedral e bordeando o Museo Diocesano (antigo hospital de peregrinos), o camiño procura o túnel do Convento das Clarisas e San Bartolomé (a máis antiga de Tui).A ruta, ao pouco, discorre pola perigosa N-550 até a capela da Virxe do Camiño. Dende ese punto, a estrada local de Paredes de Abaixo achégamos até a evocadora Ponte das Febres ou de San Telmo. Aquí preséntanse dúas opcións: ou proseguir a ruta directa, que sae fronte á ponte, a miúdo intransitábel e inundada no inverno, ou tomar a da esquerda, que da un pequeno rodeo.
Ambas as dúas lévannos até o lugar da Madalena.Continuando moi preto da Igrexa de Santa Columba de Ribadelouro , o camiño empínase, tras atravesar a vella ponte de Orbenlle.
Deixando a poñente as Gándaras de Budiño, debemos atravesar un polígono industrial aproveitando, en parte, un antigo camiño que discorre polas cotas máis baixas. A capela da Virxe da Guía será testemuña do novo rumbo ao Porriño, que atravesa pola Praza de San Sebastián e Praza do Concello do Porriño.

Entramos no Concello de Mos, a través das inmediacións da capela de Nosa Señora das Angustias. Dous quilómetros ao Norte, atravésase a N-550.  A continuación, atravesamos a Capela de Santa Marta, na parroquia de Mos.  O lugar se complementa cunha gran bancada na parte traseira da capela onde invita ó camiñante a sentar uns intres á sombra das árbores.  A seguinte gran parada é o Pazo dos Marqueses de Mos, onde se pode visitar o séu interior en horario de tarde ou ben concertando visita en http://www.pazodemos.org.  O entorno do Pazo dos Marqueses de Mos, completases ca iglesia parroquial Santa Eulalia, un cruceiro e unha fonte para refrescar ós peregrinos.  Ademáis neste estorno atópase o edificio coñecido por “casa branca” que actualmente funciona coma albergue de pereqrinos.  Deixando o Pazo dos Marqueses de Mos, empréndese a subida á rúa dos Cabaleiros, onde nos atópamos un cruceiro.

Por Enxertade, co val ao nacente, chegamos xa en lixeiro ascenso á carballeira e capela de Santiaguiño de Antas, un apacíbel lugar que ben merece un descanso. Logo pasando ante o miliario romano de Mos, atravésase a meseta do Chan de Pipas. Seguindo a vía romana polo lugar de Padrón, o trazado incorpórase, de novo, á N-550, internándose en Redondela á altura do Convento de Vilavella.

A ruta pasa por Redondela pola rúa Pai Crespo, Praza da Farola e Praza da Alfóndiga, antes de chegar á Igrexa de Santiago.