Sendeiro do Monte Salgueirón
Esta ruta goza dun especial atractivo dende o punto de vista paisaxístico, as formacións vexetais autóctonas, ademáis da beleza visual resulta de indudábel interese turístico. Como é lóxico ao tratarse dunha zona de montaña son poucos os asentamentos que ao longo da ruta poden atoparse, pero non son poucos os motivos polos cales o sendeirista pode chegar a se sentir atraído para adentrase nesta comarca. Sen dúbida algunha o primeiro de todos eles é a espléndida e marabillosa paisaxe na que se mesturan elementos distintos que despertan inmediantamente a admiración: altas montañas de rochas espidas, aldeas dispersas, e un clima benigno en época estival invitan á práctica desta modalidade de turismo verde.
Características | Sendeiro de grande percorrido. |
Itinerario | Pedra Pinta-Cruce de Camiños-Canteiras de Mos-Os Focas-Cruce-Vértice geodésico As Sete Paredes |
Duración | Tempo estimado en 8/10 horas |
Dificultade | Ruta en ascenso |
Lonxitude | 25,30 km |
Punto de Inicio | Pedra Pinta |
Punto de Finalización | As Sete Paredes no límite do término municipal co Concello de Pazos de Borbén |
Lugares de Interese | Parroquia de Louredo, Torre Mediaval, Cruce de Camiños (Mirador natural), dende alí pódese contemplar os vals do Louro e do Tea |
Servizos Dotacionais | Auga potable en diversos puntos |