Sendeiros dos Muíños

Un dos maiores atractivos que atopamos ao realizarmos esta ruta está constituida pola enorme cantidade de muíños que, cargados de historia e beleza, foron o sustento da supervivencia e vida do campo.

A primeira impresión realmente é evocadora do pasado dun pobo diferenciado enmarcado na saia desta montaña onde están encravados os muíños, fieis testemuñas da historia, costumes e formas de vida de todo un pobo.

Boas condicións de accesibilidade, pouca distancia a núcleos habitados, orografía perfecta para a práctica da actividade, patrimonio cultural que reside en todos os muíños que se atopan ao longo da ruta, zonas de interese, inesperábel atractivo paisaxístico que reside nos sendeiros de ribeira xa que discorre ao longo do río Louro, regatos Perral, Cerqueira, Lagoa, Torroeira e Fraga, e os regatos Costa Laceira e Veiga do muíño.

Características Sendeiro de grande percorrido
Itinerario Fraela-Ponte da Roma-Outeiro.  Parroquia de Dornelas-Pedreira. Parroquia de Tameiga-Río Perral.  A Porteliña-Parroquia de Sanguiñeda Agueiro-Casal-Roublín-Carballeira.  Camiño de Sequeiros-Arufe-Atín
Duración Tempo estimado en 8/10 horas
Dificultade Ruta en ascenso e descenso
Lonxitude 20,00 km.
Punto de Inicio Fraela
Punto de Finalización Atín
Servicios Dotacionais Auga potable en diversos puntos