Saneamento Camiño da Corredoura-Guizán

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Obras

Obras de ampliación e mellora da rede de saneamento municipal no Camiño da Corredoura en Guizán, incluídas no Plan Urxente de Mantemento de Servizos e Infraestruturas Municipais, PUSIM 2014, da Deputación de Pontevedra.

 

Con estes traballos darase servizo de saneamento a un núcleo poboacional da parroquia de Guizán, conseguindo así respostar a unha importante demanda dos veciños e veciñas da zona que se poderán conectar xa á rede pública de alcantarillado de xeito inmediato.

 

Os labores que está a incluir esta obra, que se prolonga en preto de medio kilómetro de lonxitude, consisten na apertura de zanxa, colocación de tubería, formación de novos pozos ou colectores para acometidas domiciliarias e, por último, reposición das zanxas previamente abertas.

 

O orzamento total destas actuacións ascende a preto de 30.000 euros íntegramente financiados pola Deputación de Pontevedra.