SANEAMENTO EN AMIEIROLONGO, PANTAÑO E ATÍN

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Obras

300 vivendas mosenses máis disporán de servizo de saneamento

 

Será gracias ás próximas obras de acometida por valor de 200.000 euros que Augas de Galicia realizará nas parroquias de Sanguiñeda, Louredo e Cela

 

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Saneamento e Abastecemento mosense, Camilo Augusto, informaron hoxe do vindeiro inicio de tres obras de acometida de alcantarillado cun orzamento total de 200.000 euros.

 

Ditas obras de saneamento realizaranse en Amieirolongo, parroquia de Sanguiñeda, Pantaño, parroquia de Louredo; e Atín, parroquia de Cela.