Sanguiñeda acolle a segunda edición do mercado artesanal Dragon Market
Terá lugar o vindeiro sábado, 20 de abril, a partir das 10.00 horas da mañá
A concelleira de Cultura mosense, Sara Cebreiro, informou hoxe da celebración da segunda edición do mercado artístico e artesanal Dragon Market, organizado polo Proxecto Dragonfly e que tivera que ser suspendida o mes pasado por mor das inclemencias meteorolóxicas..
A iniciativa terá lugar o vindeiro sábado, día 20 de abril, de 10.00 horas a 22.00 horas na Avenida de Sanguiñeda, xunto á discoteca Queen.
Trátase dunha iniciativa emprendida polo grupo de artesáns e artistas mosenses Proxecto Dragonfly que organizan esta mostra por segunda vez, -a primeira foi en decembro do ano pasado no Pazo de Mos-, coa pretensión de que se convirta nunha plataforma para creativos independientes.
Con esta mostra preténdese fomentar a promoción da artesanía e incentivar a venta de producto artístico.