Sanguiñeda acolle a segunda edición do mercado artesanal Dragon Market

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Terá lugar o vindeiro sábado a partir das 10.00 horas da mañá

 

A concelleira de Cultura mosense, Sara Cebreiro, informou hoxe da celebración da segunda edición do mercado artístico e artesanal Dragon Market, organizado polo Proxecto Dragonfly.

 

A iniciativa terá lugar o vindeiro sábado, día 23 de marzo, de 10.00 horas a 22.00 horas na Avenida de Sanguiñeda, xunto á discoteca Queen.

 

Trátase dunha iniciativa emprendida polo grupo de artesáns e artistas mosenses Proxecto Dragonfly que organizan esta mostra por segunda vez, -a primeira foi en decembro do ano pasado no Pazo de Mos-,  coa pretensión de que se convirta nunha plataforma para creativos independientes.

 

Con esta mostra preténdese fomentar a promoción da artesanía local e incentivar a venta de producto artístico autóctono.