A secretaría xeral é un órgano de funcionamento principalmente interno que ten como funcións principais a de asesoramento legal preceptivo, e a de fe pública, é dicir, ten que ser testigo de todo aquelo que afecte á corporación municipal e deixar constancia fidedigna das decisións e das resolucións que se tomen. As súas funcións son:
- Preparación dos asuntos que teñan que ser incluídos na orde do día das sesións que realice o pleno, a Comisión de Goberno ou a Corporación Municipal en que se adopten acordos que a vinculen
- Levantamento de acta das sesións antes referidas, certificación de todolos actos ou resolucións e a súa anotación nos expedientes afectados
- Comunicación á Administración do Estado e da Comunidade Autónoma dos actos e dos acordos tomados
- Autorización das actas de tódalas licitacións, contratos e documentos administrativos en que interveña a entidade
- Emisión de informes previos cando así se solicite, cando o asunto necesite unha maioría especial para aprobarse ou cando un precepto legal así o estableza
- Informar nas sesións ás que asiste dos aspectos legais do asunto que se discuta
- Acompañar ó Presidente ou membros da Corporación nos actos de firma de escritura
Descargas asociadas