Seis camiños mosenses que suman unha superificie de case 15.000 metros cadrados serán asfaltados nun prazo de tres meses

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

As obras, financiadas pola Deputación de Pontevedra, iniciáronse recentemente

 

O concelleiro mosense de Vías e Obras, Alberto Méndez, informou hoxe sobre o recente inicio dos traballos do Plan de Obras e Servizos da Deputación de Pontevedra, POSP 2013, gracias ó cal se realizarán labores de reafirmado de seis viais públicos no Concello de Mos.

 

Os viais que se verán beneficiados por este Plan e nos que se realizará a acometida dunha nova capa de rodadura son os Camiños das Barreiras e de Rexomil na parroquia de Guizán, o Camiño de Arufe – Coutadiña en Cela, o Camiño da Pousada – Río en Tameiga, o Camiño do Barranco na parroquia de Mos e o Camiño Ponte da Roma –Suaxeira que vai de Torroso a Mos.

 

            O total do orzamento a investir nestas obras acende a preto de 250.000 euros finaciados pola Deputación Provincial de Pontevedra.

 

Descripción dos traballos

 

            A actuación básica corresponderá a unha limpeza de marxes e cunetas en toda a lonxitude dos camiños anteriormente enumerados, e logo extenderase unha capa de 6 centímetros de espesor de asfalto. Farase tamén un recrecido das tapas existentes nos camiños, dando así por rematada a actuación en cada punto.

 

            No Camiño das Barreiras, que enlaza a estrada de Guizán co Camiño das Lagoas, ten unha lonxitude de 160 metros, e un ancho de 3,5 metros, polo que a superficie total que se asfaltará será de 560 metros cadrados. O Camiño de Rexomil, tamén na parroquia de Guizán, ten unha lonxitude de 197 metros e un ancho de 4 metros resultando a superficia a asfaltar dun total de 788 metros cadrados.

 

O Camiño de Arufe – Coutadiña une a estrada PO-331 co núcleo de Arufe e ten unha lonxitude de 851 metros cun ancho de 4 metros e unha superficie total a asfaltar de 3.404 metros cadrados.

 

A lonxitude total do Camiño da Pousada – Río é de 838 metros, e enlaza Rans con Río. Ten un ancho de 5 metros e conta cunha superficie de 4.190 metros cadrados que será íntegramente asfaltada.

 

O Camiño do Barranco conecta a estrada Nacional 550 co Camiño de Santa Baia e ten unha lonxitude de 236 metros e unha anchura de 4 metros. A superficie de asfaltado é de 944 metros cadrados.

 

Por último, antes de executar a pavimentación do Camiño de Ponte da Roma – Suaxeira, que enlaza Cabaleiros con Louriñó, contémplase facer un saneo nunha superficie total de 400 metros cadrados, xa que existen zonas que deben ser reparadas antes de extender a nova capa de rodadura. O camiño ten unha lonxitude de 945 metros e un ancho de 5 metros, polo que o total resultante de superficie a asfaltar ascende a 4.725 metros cadrados.

 

A reposición da capa de rodadura nestes 6 camiños supón preto de 3 kilómetros e medio de lonxitude e case 15.000 metros cadrados de superficie de asfaltado.

 

A derradeira actuación que se plantexa dentro deste proxecto é a eliminación dun bombeo existente nas Barxas, parroquia de Torroso. Para elo será necesario un colector de 432 metros de lonxitude, que conectará o lugar onde se ubica actualmente o pozo de bombeo co pozo do Sistema de Saneamento do Consorcio de Augas do Río Louro. Ademais será necesaria a execución de 8 pozos de rexistro.

 

O prazo establecido de execución destas obras é de tres meses dacordo co programa de traballos establecido.