Seis novos asfaltados parroquias de Mos, Dornelas, Louredo e Torroso.

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Obras

Están en marcha seis novos asfaltados no municipio, que benefician ás parroquias de Mos, Dornelas, Louredo e Torroso.

Estas seis obras fináncianse entre a Deputación de Pontevedra e fondos propios do Concello de Mos. En primeiro lugar atópase o Plan Urxente de Mantemento de Servizos e Infraestruturas Municipais, PUSIM, da administración provincial, con cargo ó que se están a realizar os traballos de reafirmado dos camiños de Marenco en Dornelas, Zapateira en Mos, e o vial entre Cortiñas e Quintal na parroquia de Louredo.

Por outra banda o propio Concello, con fondos propios municipais, acomete outros tres asfaltados de vital importancia para a localidade mosense que son a estrada que une San Xoán (Torroso) e Os Castros (Dornelas), o Camiño do Pombal en Louredo e o Camiño da Pelada en Torroso.