Semana Cultural en Pereiras

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Esta fin de semana comeza a programación da semana cultural “TERRA DE CULTURA” na Asociación de Veciños Nosa Terra de Pereiras

Como cada ano a A.V.V. Nosa Terra de Pereiras organiza a súa semana cultural titulada “TERRA DE CULTURA” que comeza mañá venres 29 de novembro. Inclúe como sempre as actividades máis variadas, dende debuxo, ata contacontos, magos, monólogos, música, teatro e xogos.

A programación será do 29 de novembro ao 7 de decembro.  A apertura da programación farase mañá co día dos cativos que inclúe o concurso de debuxo  “Debuxa o Nadal ” ás 18:00 horas e presenciar ás 20:00 horas un espectáculo de contacontos da man de Ana Facchini.

Xa o sábado día 30 ás 21:30 horas Os Teimosos, grupo popular chegado desde Portugal, farán a súa actuación e, de seguido, actuará o teatro A Cividade de Louredo as 22:00 horas representando a obra “É por aí? … E queda moito?…”.