Servizo de Alertas

Os beneficiarios deste programa poderán recibir en forma de mensaxe curta de texto ó seu teléfono móbil ou enderezo electrónico todo tipo de información coma a referida a educación, actividades para escolares, eventos e obradoiros, excursións para a mocidade, emisión do carné xoven, iniciativas para os maiores do municipio, prazos para o pago de impostos e taxas municipais, etc.

Se desexa inscribirse no servizo gratuíto de información ó cidadán por medio de mensaxería móbil, SMS, e correo electrónico que leva por nome MensaxeaMos debe cumprimentar o formulario de rexistro que aparece máis abaixo.

Please wait...

Os datos requeridos en dito formulario serán incorporados a un ficheiro de carárcter persoal, titularidade do Concello de Mos, coa finalidade de xestionar o envío de comunicacións; cumprindo deste xeito o servizo MensaxeaMos a Lei Orgánica 15/1999 do 13 de decembro de Protección de Datos de Carácter Persoal.