Servizo de Axuda no Fogar en vivendas con pacientes de COVID-19

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

O Servizo de Axuda no Fogar do Concello de Mos, SAF, está a rexistrar novas altas de familias nas que algún dos seus membros son pacientes contaxiados de COVID-19.

Para prestar o servizo neses domicilios os traballadores e traballadoras do SAF acoden a ditas casas totalmente equipados.

Taballadores do Servizo Municipal de Emerxencias e Voluntarios de Protección Civil de Mos acompáñanos ata a vivenda e antes de entrar equípanos coas máis completas e intensivas medidas de seguridade:

– Funda totalmente hermética.

– Patucos plásticos nos pés.

– Mascarilla de protección homologada modelo FFP2.

– Pantalla de protección individual.

Unha vez equipados/as os/as traballadores/as do SAF entran ao domicilio para facer o seu labor.

Unha vez rematan, ao saír da vivenda, os membros de Emerxencias e Protección Civil de Mos estanos/as esperando para:

– Desinfectalos primeiramente cunha solución de hipoclorito con auga.

– Logo desvestilos: é dicir, retirarlles o traxe de protección.

– E finalmente o material que se lles retira desféitase na súa totalidade.

GRAZAS infinitas a eses traballadores/as e aos membros de Emerxencias e Protección Civil pola incrible e exemplar labor que están a levar a cabo. SOMOSMOS, #XuntosSaireMOS !!!