Servizo de bus Concello de Mos

Descargar documento

Noticia importante:

Modificación Líneas transporte Municipal nos meses de Verán.
Estarán en vigor ao longo dos meses de xullo e agosto.
Dende a concellería de Mobilidade do Concello de Mos que dirixe a edil Julia Loureiro infórmase de que xa está en funcionamento a reestructuración das liñas do Bus Urbano de Mos adaptada ao horario de verán.
Durante os meses de xullo e agosto estarán operativas tres liñas do Plan Municipal de Transporte do Concello de Mos, dúas delas circulares.
A primeira liña é unha fusión das liñas azul e verde que ten saída ás 07.15 horas dende Herville pasando polas parroquias de Cela, Pereiras, Sanguiñeda, Mos, Louredo, Guizán, Tameiga, e con chegada ás 08.05 horas ao Centro de Saúde no Rebullón.
As outras dúas liñas son circulares con saída e chegada ao Centro de Saúde. A liña verde ten dúas saídas, ás 08.35 horas e ás 11.25 horas, dende o Centro de Saúde para percorrer a continuación Cela, Pereiras, Sanguiñeda (con paradas nas Angustias e no supermercado Eroski), Petelos, Tameiga, Puxeiros e regreso ao Centro de Saúde. A liña azul ten outras dúas saídas, ás 09.35 horas e ás 12.25 horas, dende o Centro de Saúde para percorrer a continuación Tameiga, Dornelas, Torroso, Petelos, Tameiga de novo, Louredo, Santiaguiño, Mos, Sanguiñeda (con paradas no cruce de Carracido, na notonda de Mercadona e nas Angustias) e regreso ao Centro de Saúde.