Outros Servizos
O Concello de Mos ademáis ofrece aos seus habitantes os seguintes servizos, que se describen a continuación:
INTERVENCIÓN:
Intervención é o departamento encargado do control e da fiscalización interna, da xestión económico-financeira e orzamentaria, e da contabilidade. As súas funcións son:
- Fiscalización de todo acto, documento ou expediente de contido económico (ou con repercusión financeira ou patrimonial).
- Intervención dos ingresos tributarios e da ordenación dos pagos e da súa realización material
- Comprobación formal da aplicación de cantidades destinadas a obras, subministros, adquisicións e servizos, así como recepción, exame e censura dos seus xustificantes
- Informe dos proxectos de orzamento e dos expedientes de modificación de créditos
- Coordinación das funcións ou das actividades contables da entidade local
- Informe dos proxectos de orzamentos, redacción da Conta Xeral do Presuposto e da Administración do Patrimonio
- Exame e informe das contas da Tesourería
TESOURERÍA:
É o departamento do concello encargado do manexo e da custodia dos fondos da entidade local así como da xefatura dos servizos de recadación. as súas funcións son:
- Realización de todolos cobros e pagos do concello
- Organización e custodia de tales fondos
- Execución das ordes de pago
- Formación dos plans e dos programas de Tesourería
URBANISMO:
É o departamento onde se tramitan os expedientes relacionados coa disciplina urbanística e coa ordenación do territorio. As suas funcións son:
- Información de licencias
- Inspección urbanística
- Información urbanística
PADRÓN DE HABITANTES:
É o rexistro administrativo onde constan os veciños do municipio. Os seus datos constitúen proba da residencia no municipio e do domicilio habitual. As funcións son:
- A formación do padrón, o seu mantemento (altas, baixas e modificacións), revisión e custodia
- A súa actualización permanente
BENESTAR SOCIAL:
É un sistema público de protección social dirixido ao conxunto da poboación do Concello de Mos e ten por obxecto promover e posibilita-lo desenvolvemento do benestar social de tódolos cidadáns.
Programas municipais:
- Educación familiar
- Servizo de axuda no fogar
- Información, orientación e asesoramento
- Tramitación de prestacións
- Inserción social
- Atención xurídica ó inmigrante, emigrante retornado e á muller
- Programa de atención a colectivos con necesidades específicas
- Cooperación Social e Voluntariado
Os destinatarios destes programas son a familia, a infancia, a mocidade, as persoas maiores, as persoas con discapacidade, persoas con drogodependencias, muller, marxinación social e migracións.
CULTURA:
Dende a Concellería de Cultura trabállase na procura dos seguintes obxectivos:
- Promover e potenciar a oferta cultural a través da rede de centros sociais nas distintas parroquias.
- Promove-la conservación do patrimonio cultural, organizando e patrocinando todos aqueles eventos a favor da defensa da tradición cultural e festiva do noso Concello.
- Programación cultural do Multiusos das Pozas.
Localizada na Porteliña, s/nº, na parroquia de Petelos, actualmente conta con 1.958 socios e socias. Conta con libros, revistas, periódicos, audivisuais e publicacións. Se fan préstamos de libros e publicacións para socios. A biblioteca municipal conta ademais con acceso a internet, scaner, impresora e fotocopiadora. O horario e de luns a venres de 10.00 horas a 21.00 horas e nos meses de xullo e agosto 8-14.30 horas.
CIBER MUNICIPAL
Localizado dentro da Biblioteca Municipal, recibe unha visita media de 30 usuarios diarios. O horario vai dende as 10.00 da mañá ata as 21.00 da noite. Conta con 16 ordenadores conectados a internet de banda ancha, cada ordenador dispón de gravadora de cds, dvds, lector de tarxetas, cámara web, micrófono e cascos. A instalación é accesíbel para persoas con discapacidade e ademais dispón de dúas mesas con diferentes tipos de ratos especiais.
MEDIO AMBIENTE
Medio Ambiente é o departamento encargado das distintas funcións que se detallan:
Denuncias de Medio Ambiente.
Información de axudas e subvencións para as asociacións e outras entidades ou institucións sen ánimo de lucro do Concello.
Recollida de enseres: o primeiro e o terceiro martes de cada mes.
Recollida de cans abandonados.
Recollida de aparellos eléctricos e electrónicos.
Licenza municipal de animais potencialmente perigosos.
Recollida de pilas.
Recollida de aceite de uso doméstico.
Este departamento organiza distintas campañas medioambientais de reciclaxe, aforro enerxético, compostaxe caseira, etc.