Sete asfaltados en viais das parroquias de Guizán, Cela, Tameiga, Mos e Torroso

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Obras

As obras foron financiadas pola Deputación de Pontevedra con preto de 250.000 euros

Camiño das Barreiras, que enlaza a estrada de Guizán co Camiño das Lagoas, ten unha lonxitude de 160 metros, e un ancho de 3,5 metros, polo que a superficie total que se asfaltou foi de 560 metros cadrados. O Camiño de Rexomil, tamén na parroquia de Guizán, ten unha lonxitude de 197 metros e un ancho de 4 metros, resultando a superficia asfaltada dun total de 788 metros cadrados.

 

Camiño de Arufe – Coutadiña une a estrada PO-331 co núcleo de Arufe e ten unha lonxitude de 851 metros cun ancho de 4 metros e unha superficie total asfaltada de 3.404 metros cadrados.

 

– A lonxitude total do Camiño da Pousada – Río é de 838 metros, e enlaza Rans con Río. Ten un ancho de 5 metros e conta cunha superficie de 4.190 metros cadrados que foi íntegramente asfaltada.

 

Camiño do Barranco: conecta a estrada Nacional 550 co Camiño de Santa Baia e ten unha lonxitude de 236 metros e unha anchura de 4 metros. A superficie de asfaltado é de 944 metros cadrados.

 

– Antes de executar a pavimentación do Camiño de Ponte da Roma, que enlaza Cabaleiros con Louriñó, fíxose un saneo nunha superficie total de 400 metros cadrados, xa que existían zonas que debían ser reparadas antes de extender a nova capa de rodadura. O camiño ten unha lonxitude de sobre un kilómetro e medio. O outro camiño asfaltado na parroquia de Torroso, o da Suaxeira, mide uns 500 metros de longo.

 

A reposición da capa de rodadura nestes 7 camiños supón máis de 4 kilómetros de lonxitude e uns 16.000 metros cadrados de superficie de asfaltado.