Sete novos asfaltados de camiños municipais en Mos

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade, Obras

Mellórase o firme de viais nas parroquias de Torroso, Mos, Tameiga, Dornelas e Petelos

A Xunta de Goberno do Concello de Mos aprobou a proposta de adxudicación da obra de mellora de pavimentación de sete camiños municipais. O procedemento de contratación realízase por procedemento aberto simplificado.
O obxecto e necesidade do contrato ten como obxectivo que o viario municipal se atope nas mellores condicións de uso, o que supón un garante na seguridade viaria. Polo que se promove a mellora e pavimentación dos seguintes camiños: Camiño Mouriños (Torroso), Camiño Lavadoiro (Mos), Camiño Casal (Tameiga), Camiño Rabandeira (Dornelas), Camiño Subida Cañoteira, Camiño das Urces (Petelos) e Camiño Laxe (Dornelas).
O orzamento base de licitación IVE incluído ascende a 115.671,10 euros.
O prazo de execución será dun mes.