Sinatura do convenio coas Escolas de Patinaxe de Mos

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Esta mañá asinouse no salón de sesións do Concello de Mos o convenio de colaboración entre a administración local mosense e o Club Escolas de Patinaxe de Mos para o fomento das actividades deportivas de patinaxe artística no presente ano 2022.
Procedeuse á sinatura por parte da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e da presidenta do Club Escolas de Patinaxe Mos, Nuria García Giráldez, que estiveron acompañadas polo concelleiro de Deportes, José Areal.
SOMOS DEPORTE,
SOMOS PATINAXE ARTÍSTICA!
SOMOSMOS🛼