Sinatura do convenio de colaboración coa U.D. Mos relativo á tempada 2019-2020

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o presidente da Unión Deportiva Mos, Pablo Alonso Serodio, asinaron esta mañá no salón de sesións do Concello de Mos en presenza da concelleira de Deportes, Begoña Toucedo, o convenio de colaboración coa U.D. Mos relativo á tempada 2019-2020. Grazas ao clube e ao seu presidente polo gran labor a prol do fútbol e do deporte en xeral.