Supervisión das instalacións da Unión Deportiva Mos no Campo de Fútbol das Baloutas

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a técnico municipal de Persoal, Recursos Humanos, e Prevención de Riscos Laborais, Tatiana Iglesias, supervisaron hoxe as instalacións do Campo de Fútbol das Baloutas da Unión Deportiva Mos, con motivo da súa reapertura a partir da semana que ven.

As instalacións contemplan as medidas e protocolos de prevención e seguridade necesarias ante a COVID-19, para o seu regreso á actividade nas condicións que esixe a nova normalidade.

Desde o Concello se lle manifesta ao clube o máximo agradecemento polo esforzo e implicación para adaptarse a todos os protocolos. Un gran labor polo deporte, a saúde e @s cativ@s mosenses.