Suspendida a segunda edición do mercado artesanal Dragon Market

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Debido ás malas previsións meteorolóxicas, queda aprazado para unha vindeira data aínda por confirmar

 

A celebración da segunda edición do mercado artístico e artesanal Dragon Market, organizado polo Proxecto Dragonfly, que ía ter lugar mañán sábado, día 23 de marzo, de 10.00 horas a 22.00 horas na Avenida de Sanguiñeda, xunto á discoteca Queen, queda aprazada para unha próxima data por confirmar, debido ás inclemencias do tempo previstas para mañán e que xa se están a dar na xornada de hoxe.