Taller de seguridade en Internet para mulleres

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Celebrouse onte pola tarde na aula de informática da Axencia de Colocación

Preto de 20 mulleres de Mos participaron onte pola tarde no Programa Atenea, un obradoiro de confianza e seguridade na rede organizado polo Concello de Mos a través do seu CIM (Centro de Información á Muller) dentro da programación conmemorativa do Día Internacional da Muller.

A actividade celebrouse na aula de informática da Axencia de Colocación de Mos e, durante catro horas, as participantes puideron analizar, de mans de profesionais na materia cal é a súa imaxe en Internet e redes sociais, aprenderon que é a identidade dixital, a reputación online e a privacidade; e recibiron directrices para saber usar ferramentas para mellorar a súa seguridade na rede.

Así mesmo explicóuselles como empregar Internet de forma segura dando pautas de como crear contraseñas, comprobar la fiabilidade das páxinas web que visitan, configurar adecuadamente o nivel de seguridade do navegador, etc.

Ademais déuselles a coñecer casles son os riscos de Internet e puideron estudar cales son as tecnoadiccións e as problemáticas máis graves nas redes tales como Sexting, Sextorsión, Ciberacoso, Grooming, Suplantación de identidade e outras como o Spam e os Malware (virus).